Estepa (bioma)
A estepa[1] é un bioma que comprende un territorio chan e extenso, de vexetación herbácea, propio de climas extremos e escasas precipitacións. Tamén se asocia a un deserto frío para establecer unha diferenza cos desertos tórridos. Estas rexións áchanse lonxe do mar, con clima árido continental, unha grande amplitude térmica entre verán e inverno e precipitacións que non chegan ós 500 mm anuais. Predominan as herbas baixas e matogueiras. O solo contén moitos minerais e pouca materia orgánica; tamén hai zonas da estepa cun alto contido en óxido de ferro o que lle outorga unha tonalidade avermellada á terra.
Tipos de estepas
[editar | editar a fonte]Estepa asiática
[editar | editar a fonte]A estepa está asociada cun clima continental semiárido caracterizado por veráns calorosos e invernos fríos e secos.
Debido ás duras condicións climáticas, as estepas están habitadas por unha escasa variedade de especies animais, mandas de herbívoros como os cabalos. Tamén hai unha gran variedade de roedores e aves corredoras; adoitan migrar en busca de auga. Entre os animais adaptados a este tipo de bioma están os seguintes: aguia das estepas, antílope saiga, avetarda, cabalo de Przewalski, grúa damisela, marmota das estepas, a rata toupa cega Spalax menor e a tartaruga rusa (Testudo horsfieldii).
A vexetación desta zona é de tipo xerófila, é dicir, plantas adaptadas á escaseza de auga, con raíces profundas. Entre as plantas están as seguintes: asento negro, poa pratensis, gagea, herba crestada, ranúnculo.
Estepa norteamericana
[editar | editar a fonte]En América do Norte, as Grandes Chairas estréitanse desde o sur do Canadá ata o norte de México, nos estados estadounidenses de Colorado, Kansas, Montana, Nebrasca, Novo México, Dacota do Norte, Oklahoma, Dacota do Sur, Texas e Wyoming. Son un tipo de estepa que se caracteriza por un clima menos severo que o das estepas asiáticas.
A estepa norteamericana está habitada por cans da pradería, bisontes americanos e outros.
A vexetación da estepa norteamericana está dominada por praderías e pasto que crece a baixa altura.
Estepa subtropical
[editar | editar a fonte]En Europa, algunhas rexións ao redor do mar Mediterráneo teñen un clima e vexetación similar á doutras estepas, como en Sicilia (Italia), Zaragoza ou Almería (España). Así como a pampa magallánica e o Norte Chico en Chile, tamén teñen un clima similar ao dunha estepa.
Estepa puneña ou deserto andino
[editar | editar a fonte]A temperatura varía moito: os días son moi calorosos e as noites, moi frías. Entre as plantas típicas de Púnaa está o cardón, un cacto que alcanza varios días sen tomar auga. Os seres vivos están adaptados a este clima extremo e teñen unha pelame que os illa da calor do día e do frío da noite. Outros, como as chinchillas, fan covas para protexerse. Tamén hai aves, como o ñandú de Darwin e o cóndor andino, en perigo de extinción.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estepa.